Certificado de Eficiencia Enerxética

arquitecto-porto-beluso-bueu-patio-cubierto-jardin-exotico

Completando a publicación anterior da sección de opinión da nosa páxina de arquitectura http://arquitecto-vigo.curras.es/novedades-en-el-calculo-y-tramite-de-registro-de-certificacion-energetica-de-edificios-existentes-ceee/ lémbrase que dende onte (14-01-2016), tal como nos trasladou o Colexio de Arquitectos, unicamente se admiten Certificados de Eficiencia Enerxética elaborados coa nova versión da Ferramenta Unificada Lider-Calener (HULC versión 0.9.1433.1016) que substitúe ao Calener. As xustificacións das seccións HE0 e HE1 do CTE tamén deberán verificarse con esta nova versión HULC (ou posteriores).

Desta forma para a redacción de CEE xa só se poden empregar as últimas versións dos seguintes programas: CERMA, CE2 e HULC para edificio novo, e CERMA, CE3, CE3X e HULC para edificio existente. Non sendo aceptado o Calener de agora en diante.

As versións vixentes a día de hoxe dos programas son: CERMA versión 4; CE2 versión 1.0; HULC versión 0.9.1433.1016; CE3 versión 2375.1015; CE3X versión 2375.1015

Para máis información podedes consultar as seguintes páxinas relacionadas coa arquitectura e coa edificación:

 

Deja un comentario