Proposta de Plan de Mobilidade para o Municipio de Moaña e conexións intermunicipais (previsión a longo prazo resolvendo mobilidade de usuarios cautivos)

mobilidade-moana-tranvia-ascensor-cabina-accesos-arquitectura

Rúa Ramón Cabanillas en Moaña (algún día…se houbera sorte, diñeiro e interese)

Houbo unha vez unha vila na que non se precisaban coches. Precisar… se cadra precisábanse pero poucos os botaban en falla.

Iso non significaba que estivese mal comunicada. Aínda non había grandes pontes nin infraestruturas pero contaba ata con catro embarcadoiros de transporte marítimo para desprazarse á cidade.

Unha vez alí numerosas liñas de tranvía e autobús urbano facilitaban a mobilidade dos cidadáns sen grandes custos.

Hoxe, os cidadáns da mesma vila vense obrigados a ter un vehículo privado para dar resposta ás demandas laborais e disfrutar da oferta social.

Chegamos a puntos nos que os habitantes se debatían ante a posibilidade de que se suprimira parcialmente a paupérrima oferta de transporte público existente.

É preciso un novo golpe de efecto que nos poña no camiño do bo senso. Que posibilite un equilibrio. Todos somos responsables e todos debemos esixilo e contribuír. O novo plan de transporte para a área metropolitana de Vigo énchenos de esperanza.

 

Son ben coñecidos os inconvintes que xera o transporte privado:

–       Custo do vehículo e mantemento (combustible, seguros, impostos, etc.);

–       Dispendio de espazo público e privado para aparcamento;

–       Atascos por desprazamentos masivos;

–       Estrés;

–       Frecuencia de accidentes;

–       Ruído;

–       Contaminación; etc.

 

…e incluso os problemas que se derivan da inversión en infraestruturas dirixidas ao transporte privado:

–       O aumento da capacidade das vías aboca no incremento do número de coches (en xeral, máis carrís provocan máis coches a curto prazo);

–       Constitución de límites e barreiras;

–       Disgregación urbana e impacto ambiental; etc.

mobilidade-moana-001-urbanismo-planificacion-transporte-publico

Decorado de vaqueiros para cando os coches pasan

 

A pesar disto, existe unha vantaxe clara na opinión colectiva acerca do vehículo privado con respecto ao transporte público:

–       a liberdade de mobilidade que ofrece para quen pode acceder economicamente a el.

 

Por outra banda o transporte colectivo ben prantexado e asentado en criterios de sostibilidade (nomeadamente económicos) preséntasenos como a estratexia a seguir e que se demostra claramente capaz noutros exemplos existentes non lonxanos.

Como arquitecto e urbanita, son defensor do transporte colectivo e creo que a inversión nun bo transporte público traería consigo:

–       Rúas e espazos na vila moito máis atractivos e humanos;

–       A posibilidade dun transporte de proximidade eficaz sen necesidade de recorrer practicamente ao coche;

–       A diversidade/ intermodalidade de transportes que non supoña custos adicionais de transbordo aos usuarios;

–       A posibilidade de disfrutar do percorrido (inclusivamente dende un punto de vista lúdico e turístico).

 

O éxito do transporte público radica (entre outros) en que conte con unha plataforma reservada. É dicir, un carril propio que non se vexa invadido por medios de transporte privados que poidan acarrear retrasos por mor do tráfico.

Compete a Moaña (aos seus habitantes) reclamar unha solución para o seu transporte urbano que deberá integrarse nunha estratexia de actuación supramunicipal ou metropolitana.

A razón é que se trata dun municipio de configuración lineal onde os núcleos de poboación se espallan salvando importantes desniveis.

Calquera proposta deberá contemplar isto con rigor e esmero para dar unha alternativa convincente ao coche.

Podedes ver máis imaxes do avance de proxecto desenvolto en 2009 http://curras.es/mobilidade-moana-tranvia-ascensor-cabina-accesos-arquitectura.html

Neste caso, tratábase dunha proposta moi ambiciosa e por iso se prantexa a moi longo prazo, pero hai alternativas viables moi interesantes baseadas en autobuses, microbuses e taxis compartidos con itinerarios programables vía GPS e sincronización semafórica en vivo para sacar o máximo partido dos medios dos que dispomos actualmente e dar vantaxes aos vehículos de transporte colectivo para que os cidadáns poidan escoller se compran coche ou non.

Deja un comentario